jueves, 30 de noviembre de 2017

Digámoslle STOP a Violencia de xénero

Os alumnos de 1º ESO elaboraron o eslogan que invitaba a sumarse simbolicamente a todo o centro a rechazar a violencia de xénero.



miércoles, 29 de noviembre de 2017

O equipo de biblioteca de alumnos contra a violencia de xénero

Vídeo elaborado polo equipo de biblioteca de alumnos e proxectado no corredor principal o Día da Violencia de xénero.


Dia da Violencia de Xénero

Este ano traballamos o tema da violencia de xénero nas titorías. 
En 1º ESO centrámonos no amor tóxico a partir dun tríptico elaborado polo equipo de biblioteca de alumnos e un vídeo sobre o dominio da intimidade dos adolescentes nas redes.
En 2º, 3º e 4º ESO, os textos comentados trataban sobre os datos actuais sobre o que pensan os adolescentes sobre o dominio da intimidade na parella.






martes, 21 de noviembre de 2017

O día da infancia




A biblioteca e o Departamento de Extraescolares elaborou uns materias para traballar na hora de ler na semana adicada a Infancia.
Dous textos do século XIX dan testemuño da situación da infancia nesa época; noutro texto, un resumo da situación actual. Logo de documentarse sobre os dereitos do neno, o que recolle o documento dos Dereitos humanos sobre eles e as principais reinvindicacións do Movemento obreiro de 1848 sobre a infancia, farase unha reflexión sobre a situación.


jueves, 16 de noviembre de 2017

Hora de ler

Este ano en 1ºESO traballamos a lectura diaria en voz alta de dous libros: El diario de Carlota e El diario azul de Carlota. Pretendemos apoiar con estas lecturas a Comisión de Igualdade e o proxecto TEI.
Ao remate da lectura, os alumnos traballarán diferentes aspectos que lle fagan reflexionar sobre esta realidade.