lunes, 19 de diciembre de 2016

VISITA DE RAÚL VACAS.

Este ano invitamos ao poeta Raúl Vacas. Sofía foi a encargada de presentar ao escritor coa súa gracia de sempre, aínda que con certos nervios.





Gozamos dunha intensa velada poética.



A NOSA ÁRBORE DE NADAL

Este curso  a árbore de Nadal construímola entre todos.


Así foi como o fixemos:


miércoles, 14 de diciembre de 2016

LE PARA MEDRAR

Os alumnos do equipo da biblioteca fixeron uns carteis de animación  á lectura para este Nadal. Seleccionaron varios libros de cada curso para facer lecturas públicas dun fragmento en cada aula.

1ºESO


 2ºESO



3ºESO


4ºESO



lunes, 5 de diciembre de 2016

CONCURXO DE TARXETAS DE NADAL


BASES:

    O modelo de postal recollerase en conserxería.
    A lingua empregada debe ser o galego.
    Poderá participar todo o centro.
    Cada concursante presentará cantas tarxetas desexe.
    As tarxetas deberán combinar imaxe e texto.
    O texto engadido debe conter unha felicitación de Nadal
    Pódese decorar como se desexe: debuxo, cores,  collage, caligramas... 
    O prazo de presentación remata o día 9 de decembro do 2016.
    O lugar de presentación será a biblioteca.
    Lembrade escribir o nome e apelidos na parte de atrás da tarxeta.
    A tarxeta gañadora será a IMAXE OFICIAL do centro.

LITERATURA E CINE


lunes, 21 de noviembre de 2016

Tríptico Violencia de Xénero

MITOS SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

Aquí están as respostas ás preguntas do corredor:
 

AS MULLERES CON CERTAS CARACTERÍSTICAS TEÑEN MÁIS PROBABILIDADE DE SER MALTRATADAS?

     As mulleres maltratadas non teñen un perfil particular que implique idade, posición social, nivel educativo, raza ou etnia. Nacer baixo o sexo feminino nunha sociedade que sitúa a este grupo nunha posición inferior, é a condición para ser potencialmente vítima da violencia.

SE AS MULLERES MALTRATADAS NON MARCHAN, É PORQUE ALGO LLES GUSTA, SENÓN MARCHARÍAN?
  
     Este mito pon o acento en culpabilizar a muller sen comprender a complexidade que envolve a violencia de xénero. Por un lado, hai un traballo sistemático por parte do maltratador que socava a integridade subxectiva da súa vítima, deixándoa sen ferramentas para afrontar a situación violenta. Ásúa vez, estas mulleres adoitan ser presas de ameazas máis ou menos explícitas que invanden a súa realidade dun medo que as paraliza. Todo isto, sobre unha base cultural que establece que o rol da muller é máis dependente e pegado ao mundo familiar, responsabilizándoas da integridade familiar. I

 

MITO DA MARXINALIDADE: 

     O sentido latente deste mito é situar a violencia de xénero como algo afastado do propio grupo.  Unha das xustificacións máis habituais é afirmar que as mulleres vítimas da violencia machista proveñen de fogares con problemas económicos e sociais, ou que son de determinados grupos étnicos. Por exemplo, moitas persoas sitúan a ablación feminina practicada en África como violencia de xénero minimizando as situacións cotiás que viven moitas persoas no noso país.
Este mito opera en dous sentidos: como resistencia á toma de conciencia de que a causa da violencia de xénero é o feito de ser muller, independentemente do nivel de estudios, idade, clase ou etnia; e ademais provoca que aquelas mulleres que non cumpren con este "perfil" se sintan aínda máis avergoñadas e culpables, limitando subxectivamente o acceso aos sistemas de atención pública especializada.


 O MALTRATO É UN ASUNTO PRIVADO DO ÁMBITO FAMILIAR?

     O maltrato é un delito contra a liberdade, contra a integridade física e psíquica, contra a dignidade humana e moitas veces contra a vida. Polo tanto non é un asunto privado. Non é un "problema de parella", xa que unha das partes é vítima das vexacións, humillacións, golpes e incluso morte. En tanto público, temos a obligación como cidadáns de non mostrarnos indiferentes e denunciar se fose necesario, sobre todo, cando hai risco vital da muller. Por outro lado, e como sociedade tamén, debemos respectar os espazos e o proceso desa muller para que se reconstitúa subxectivamente como suxeito de dereitos, e deixar que ela poida tomar as decisións de denunciar e rematar a situación de violencia dende outro lugar (sempre que non estea en risco a súa vida).

É IMPOSIBLE ROMPER CUNHA RELACIÓN DE MALTRATO?

     Nun contexto que propicie que a muller recupere a confianza en si mesma, é posible saír do círculo da violencia.

OS MALOS TRATOS SON PÉRDIDAS MOMENTÁNEAS DE CONTROL?

     Está amplamente estudado que a violencia de xénero non é produto de feitos illados senón que se corresponden cun patrón configurado polo ciclo da violencia. Este mito tende a minimizar a complexidade  desta realidade constituída por ciclos que se repiten unha e mil veces.
     Hai moitos varóns drogadictos, alcólicos e/ou enfermos que non son violentos coas mulleres. Isto demostra que son dúas cuestións independentes. A violencia contra as mulleres parte da acción do varón por reafirmar a súa posición de poder e demostrar a súa superioridade. Exemplo disto é que a maioría dos maltratadores posúen unha "dobre fachada", isto é, non manifestan a súa violencia fóra do ámbito doméstico.

CO PASO DO TEMPO OS MALTRATADORES PODEN CAMBIAR?

   As situacións do maltrato non melloran co tempo; o contrario, o círculo da violencia na súa perpetuación tende a ser cada vez máis seguido e inatenso. Debemos mencionar que existen tratamentos socioeducativos que pretenden reeducar en equidade de xénero aos maltratadores.

OS MALTRATOS DÉBENSE AOS CELOS.

    Os celos son un mecanismo de control que empregan os maltratadores, e os actos tendentes a controlar ou illar a muller constitúen violencia psicolóxica.

jueves, 17 de noviembre de 2016

Las historias de terror del libro rojo de David




 Chegou o venres, e, como anunciabamos, chegou o medo a biblioteca.
Sofía leu un conto do libro Las historias de terror de libro rojo de David . Irina noN puido atemorizar os seus compañeiros co seu conto, pois o tempo non foi suficiente;  mais Roberto si conseguiu provocar algún berro coa súa aparición ...NUNHA CAIXA DE MORTOS.

viernes, 4 de noviembre de 2016

viernes, 28 de octubre de 2016

AS TRES MELLORES CABAZAS



Susana, profesora de Plástica, foi a encargada de seleccionar o 1º, 2º e 3º posto de entre as cabazas presentadas. Amablemente, explicou o porqué da súa decisión.


 O primeiro premio: terrorífica.
 O segundo premio: traballada.
 O terceiro premio: orixinalidade.




l

TERROR NA BIBLIOTECA


jueves, 27 de octubre de 2016

domingo, 23 de octubre de 2016

CONCURSO DE CABAZAS E CALACÚS
                                                               

Achégate o SAMAÍN do  Faro das Lúas.

PARTICIPA no concurso para que poidas gañar numerosos premios.

Poden participar todas as persoas que queiran, INCLUSO MESTRES!

                                                                       É moi sinxelo. 
Só tes que decorar unHa cabaza da forma máis ORIXINAL E TERRORÍFICA. 

Pero… , tes pouco tempo! O mércores día 26 de outubro é o último día para entregar a túa cabaza.


Moita sorte a todos!

Día das Bibliotecas


Lembramos O Día das Bibliotecas. Este ano, como novidade, traballamos cos alumnos do equipo da biblioteca para organizar  este día. Unha gran  experiencia para todos. Grazas equipo.              

miércoles, 19 de octubre de 2016

Equipo biblioteca

     Xa temos equipo de biblioteca de alumnos! 

     Contamos con Victoria Anays Cores, Sofía Vázquez, Iria Otero, Paula Renda, Alba Charlín, Alba Chaves, Sandra Oubiña, Jorge César, Roberto Barcala, Daniel Piñeiro, Iván Gozález, Laura Fontán e Carmen González, e proximamente Erik Núñez  e Rubén Esperón.

Benvido Mr.Valle


Benvidos o novo curso do IES Faro das Lúas.

Este ano tivemos a presenza de Valle-Inclán no primeiro día do curso para lembrarnos que seguiremos a traballar no PDI "Buscando a Valle".
Agustín Oliveira como Valle-Inclán






lunes, 23 de mayo de 2016

Valora a actividade da Biblioteca no curso 15/16

Como cada ano, queremos coñecer a vosa opinión sobre o traballo desenvolvido polo Equipo da Biblioteca co fin de ir mellorando ano a ano.

Para isto precisamos que cubrades a seguinte ENQUISA (facede clic sobre a palabra enquisa e abrirase nunha nova xanela, onde poderedes contestar ás preguntas). 


domingo, 22 de mayo de 2016

Hora de Ler do día das Letras (alumnado de 4º PDC)

Traballo das alumnas e alumnos de 4º PDC realizado na Hora de Ler adicada ás Letras Galegas.
As poesías foron seleccionadas e extraídas do poemario "Terra Chá" de Manuel María como complemento da unidade didáctica sobre ecosistemas e as súas biocenoses.

miércoles, 18 de mayo de 2016

Día Internacional dos Museos 2016

Hoxe quizais tivestes a oportunidade de visitar algún dos moitos museos que temos na zona:

- A casa Museo de Valle-Inclán, non pode faltar!
A rede de Museos de Cambados: museo do Viño, Casa Museo de Ramón Cabanillas Museo do muíño de mareas da seca e a casa do pescador
- E en Vilagarcía, o museo do ferrocarril

Moitos museos propoñen actividades en relación a éste día. En moitos deles estade aínda a tempo de participar xa que se reservan para a fin de semana.
Dentro destes, propoñemos visitar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela (que xa ten interese arquitectónico de por sí), a exposición sobre moda, Con Fío que ten moitas actividades interesantes, dende crear tiaras, espadas e demais prendas medievais como coñecer os materiais do futuro...

Dende hai un tempo Google ten un Art Project, no cal se poden ver moitas obras, coleccións e artistas re renome e importancia.

Visitas virtuais de museos españois:

- Museo sefardí de Todelo
- Museo Sorolla de Madrid
- Museo de Antropolixía de Madrid
- Museo de Ciencias Naturais. Minerais, fósiles e evolución humana
- Museo Picasso de Málaga
- Museo do Padro
Museo de arte Thyssen-Bornemisza
- Museo Dalí
- Varios enlaces de museos pertencentes ó Ministerio de Educación, cultura e deporte.

Visitas virtuais de museos internacionais:
- Louvre
- National Gallery os Art
- Museo Olímpico
- Museo Exipcio
- Smithsonian

Como vedes moita variedade, esperamos que desfrutedes da arte e da ciencia!


E chegou o día das Letras!

En relación á Conmemoración do Día das Letras adicado a Manuel María, temos en marcha un concurso preparado polo Departamento de Normalización Lingüística e a Biblioteca.

O plazo é bastante amplo, continúa ata dentro de dez días. así que...

Animamosvos a todos a participar!




Aproveitamos tamén para facer outra referencia a outra conmemoración do día de hoxe, que tamén nos parece importante recordala e apoiala (mágoa que non nos deu tempo a traducir o cartaz ó galego, desculpade por isto).

jueves, 21 de abril de 2016

Día do libro. Valle- Inclán

Como é de esperar, ésta semana celebramos o Día do Libro. 
E como non podía ser doutro xeito, adicamos a celebración ó 150 Aniversario de pasamento do autor máis célebre do Concello de Vilanova, Ramón Mª del Valle-Inclán.

* O martes, a hora de ler foi en relación á temática de Valle- Inclán
A estrutura da hora foi a seguinte:
- Comezamos cunha explicación sobre o esperpento. Axudámonos dunha pequena presentación que serviu para presentalo tema. 
- Os alumnos de 4º recibiron en papel a descripción dunha personaxe sacada de obras de valle e fixeron ó lado un debuxo inspirado nela. 
- Os alumnos de 1º a 3º ESO, dende os portátiles intentaron entrar na páxina: http://avachara.com/avatar_es/ para crear a súa personaxe esperpéntica e acompañala dunha descripción ó estilo de Valle-Inclán.  

Como ven sendo habitual a rede non funcionou correctamente, polo que tivemos que volver o xeito tradicional, debuxando e escribindo a man; aqueles que lles deu tempo. Isto supuso unha mágoa, xa que estaban realmente motivados cara ésta actividade.
Podedes ver nas imaxes algúns dos seus deseños.



Exposición Valle-Inclán

*A biblioteca está a realizar unha exposición do material bibliográfico que temos do célebre autor.


* Acompañando a esa exposición creamos un tríptico que reúne unha brevísima síntese das obras que temos no noso catálogo, así como algunhas fontes de información dixital. 

Esperamos que esta información poida servir para acometer de xeito máis sinxelo as tarefas do PDI sobre Valle-Inclán que temos aínda por diante.



E aproveitamos novamente ésta oportunidade para agradecer enormemente a participación e implicación do profesorado e do alumnado na realización destas actividades. 


jueves, 3 de marzo de 2016

Día Mundial da Vida Silvestre

Esperamos que o celebrásedes convenientemente!

miércoles, 2 de marzo de 2016

Visita a casa museo Irmáns Camba

A visita dos nosos alumnos a casa museo dos Irmáns Camba, foi recollida para o telexornal da TVG, como vedes a continuación:

http://www.crtvg.es/informativos/xornada-de-portas-abertas-na-casa-museo-dos-irmans-camba-1855383

Os 54 anos do facelecemento do cronista Xulio Camba non pasou desapercibido en Vilanova. Así estes días celebran xornadas de portas abertas na súa casa museo. O pasado luns souberon máis del os nosos alumnos de 1º de ESO.

Xulio Camba e mais o seu irmán son xunto a Ramón del Valle Inclán cidadáns ilustres de Vilanova de Arousa. Pero estes días o concello lembra o máis cosmopolita deles, Xulio. Ás portas da súa casa museo, chamada Irmáns Camba, recibiron hoxe alumnos de secundaria do IES Faro das Lúas.

Os rapaces asistiron á proxección dun documental sobre o literato vilanovés, un dos cronistas máis ácidos do xornalismo español das primeiras décadas do século XX. 

Ó rematar a visita foron entrevistados para a noticia televisiva varios alumnos que relataron o que máis lles chamou a atención da visita.


viernes, 26 de febrero de 2016

Fin de semana frío

Preséntase un fin de semana cun tempo frío e chuvioso. Velaquí algunhas propostas de ocio dende a nosa biblioteca:

1- Xogos de mesa: que mellor plan que estar na casiña, no sofá cómodo e quentiño e botar unha partida de xadrez, ou se cadra damas, parchís...
2- Papiroflexia: crea os teus modelos de animais vehículos e formas con papel.
3- Cine en casa: una película con palomitas ou sen elas, dende o teu sofá, cama...espatarringado a gusto, por exemplo propoñemos dentro do noso catálogo: ·El primer día del resto de tu vida"
4- Cine en Vilagarcía: saír da casa, como non! Preséntase unha interesante carteleira en Vilagarcía, recomendamos especialmente "Ave, César" e "El Renacido"
5- Cociña: perarar postres é unha das actividades relaxantes e divertidas para facer un sábado ou domingo á tarde
6- Revistas: de consulta aberta e libre
7- Eventos en Cambados: exposición na casa museo de Cabanillas "Poeta da Raza" Consulta horarios vía a web do Faro de Vigo

Como vedes a oferta é ben xugosa! Que desfrutedes!!

miércoles, 24 de febrero de 2016

Novas miradas rosalianas da man da Deputación de A Coruña. Fermoso día

viernes, 12 de febrero de 2016

Lecturas de agarimo

Aproveitamos a proximidade do 14 de febreiro para propoñer algunhas lecturas e películas que poden ser apropiadas para estas datas, digamos, románticas?

Hora de ler: día da Paz

Aproveitamos ésta data conmemorativa para ler poesía, xa que é un xénero que non soemos propoñer nas nosas lecturas.
Fixemos unha pequena escolma de poemas de diversos autores (Rafael Alberti, Antonio Machado, Gloria Fuertes, Ángela Figuera, John Lennon, Celso Emilio Ferreiro, X Mª Díaz Castro, Marica Campo e Carlos Negro) que tratan desta temática: a paz, as guerras, os conflitos de todo tipo, dende os máis xenéricos ata problemas concretos.

Logo da lectura, cada alumno/a recibiu un post-it no cal escribiu o seu "chío" sobre a #PAZ #nonáguerra, cos seus pensamentos ou desexos.
Logo os pegamos polas portas das diferentes aulas do centro, así como no panel da biblioteca coa axuda de dúas voluntariosas rapazas que quixeron colaborar con nós.