lunes, 2 de noviembre de 2009

Outubro: mes das bibliotecas escolares.


Aproveitando que o día 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas escolares, decidimos adicar todo o mes a nosa biblioteca.
Empezamos coa formación de usuario que levaremos a cabo na biblio coa axuda dunha PowerPoint sobre o uso e recursos que nos ofrece a biblioteca.
O día 6 inauguramos a “hora de ler” : tódolos días a partir deste día leremos de 11:20 a 11:35 e en seguida a nova actividade “o mellor lector” .
Botamos a andar as “mochilas viaxeiras” empezaran a súa andadura polas clases de 1º.
O día 24 de outubro repartimos os “carnés de biblioteca” para tódolos membros da comunidade educativa.
Presentamos a novas adquisicións levando as clases algúns ejemplares ás clases.
Lanzamos a campaña de captación de alumnos colaboradores da biblioteca.
Por fin empezamos a hilar contactos coas diferentes institucións, persoas… que participarán nas diferentes actividades que a biblio pretende levar a cabo este ano.

No hay comentarios: